Vampiro

Un vampiro é, na cultura popular de varios países, unha criatura que se alimenta de sangue de seres vivos para manterse activo. Probablemente a base da maioría das ideas acerca de vampiros que forman parte da cultura popular actual sexa o libro Drácula de Bram Stoker, e as películas de cinema baseadas nel, como Nosferatu e Drácula de Bram Stoker. Algúns estudosos do vampirismo suxeriron que estas lendas se achan relacionadas total ou parcialmente con casos de patoloxías reais como a rabia; interesante o estudo do neurólogo español Juan Gómez Alonso Os vampiros á luz da medicina; ou a porfiria. Xunto co home lobo, o vampiro é quizais o máis famoso ser sobrenatural da cultura popular humana. A palabra "vampiro" vén das linguas eslavas (do alemán vampir, que se deriva do polaco temperán vaper e este á súa vez do eslavo arcaico oper; con raíces indoeuropeas paralelas no turco e no persa). Significa á vez "ser voador", "beber ou chupar" e "lobo", ademais de facer referencia a certo tipo de morcego. Durante a expansión do Romanticismo en Europa, a principal reacción ó período previo de Ilustración enciclopédica e racionalista, o vampiro converteuse nunha temática común e pasou da lenda oral ós castelos e os salóns elegantes. Outros nomes son vurdalak (ruso moderno), vrolok (eslovaco), strigoï ou strigoiul (romanés), bukolako ou vukodlak (serbio), upiro (polaco), nosferatu (do grego nosophoro (portador de enfermidade) e vampyrus (latín).


Developed by StudentB